• Galego (gl)Galego
  • Español (es)Español
Síguenos en...
facebook
twitter
  • Inicio
  • Presentación
  • Orixe
  • Características
    • Principios
  • Intencións
    • Cronograma
  • Participa
  • Outras experiencias
  • Fitos no camiño
  • Contacto

Buscamos persoas interesadas en ser habitantes.

Febreiro 22, 2016
by admin
0 Comment

¿Buscas unha vivenda sustentable, comunitaria e accesible?

Punto informativa de Outra Forma de Vivenda: xoves 25 de febreiro de 20 a 21 horas no local da Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca (Avenida dos Caídos, 199, A Coruña).

Outra Forma de Vivenda é un grupo de persoas que, baseándose en experiencias e problemáticas próximas, decidimos unirnos para impulsar un proxecto piloto de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias, onde as persoas habitantes tomen parte activa na súa promoción, deseño e xestión.

Esta iniciativa xorde da necesidade doutro estilo de vivir, na que se teña en conta a natureza e os seus recursos, así como os seres humanos como seres sociais, de forma que tanto a vivenda, a contorna, e as nosas características persoais e familiares, sexan o punto de partida do proxecto.

Outra Forma de Vivenda busca a persoas/familias interesadas en ser parte como futuras habitantes desta iniciativa sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo crear unha cooperativa de vivendas en cesión de uso baseadas en 3 pilares: sustentabilidade, accesibilidade universal e vida comunitaria na cidade de A Coruña.

Por este motivo, o xoves 25 de febreiro estaremos no local de Zocamiñoca entre as 20 e as 21 horas para informar.

Xa somos preto de 7 persoas/familias que polo que semella, serán unha parte dos habitantes da cooperativa. ¡Aínda faltas ti!

cartelzoca

Sobre el autor
Redes Sociales
  • google-share

Deja una Respuesta Cancelar a resposta

*
*

Novas

La próxima Asamblea abierta tendrá lugar la semana del 14 de diciembre.


Próxima reunión informativa día 11 de noviembre

Para empregar o contido da web é preciso contar co consentimento de "outra forma de vivenda", que é propietaria da información publicada e do seu logo