Reunión informativa: Outra Forma de Vivenda.

Mércores 7 de outubro ás 19:30 na Sala 9 do Centro Cultural Ágora

Queremos invitarvos a este primeiro encontro no que presentaremos esta nova iniciativa: Outra Forma de Vivenda.

O encontro ten como obxectivos ofrecer este novo proxecto piloto a calquera persoa interesada nalgún dos criterios nos que se baseará a cooperativa: vivendas accesibles, sustentables e comunitarias; xa sexa como futuras residentes das vivendas, ou como posibles colaboradoras.

Esta iniciativa xorde da necesidade doutro estilo de vivir, na que se teña en conta a natureza e os seus recursos, os seres humáns como seres sociais, e tamén o pasado, presente ou futuro de cada persoa, xa que a accesibilidade universal é positiva para calquera individuo en calquera situación da súa vida.

A idea é que a partires deste día, poida sair un grupo de xente para iniciar así unha nova etapa na que se creará esta cooperativa de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias, na que serán as persoas interesadas as que formen parte activa de todo o proceso de creación e xestión das súas propias vivendas. Éstas serán deseñadas dacordo ó perfil de cada unidade de convivencia, xa que non existe un modelo de vivenda ideal, senón unha vivenda única para cada persoa ou familia.
Asistencia gratuita.

Se queres confirmar a túa asistencia ou se tes algunha consideración persoal que debamos ter en conta para este evento, podes facelo a través deste formulario.

Deja una Respuesta

*

captcha *