O problema de vivenda en Galicia. Arquitectura Sen Fronteiras.

Habitando é o podcast, ou falangullo como nos gusta máis decirlle en Galicia, de Arquitectura Sen Fronteiras. O último venres de cada mes estaremos no teu podcatcher favorito cun novo episodio, ou pásate por aquí para escoitalo ou descargalo directamente.

Banner 1100x300

“O estalido da burbulla inmobiliaria nos últimos anos da década pasada desatou unha das peores e máis lonxevas crises en Galicia e en España. Case 10 anos despois ninguén pode afirmar que a superaramos. Desde entón miles de persoas perderon os seus fogares. Paradóxicamente, o parque de vivendas segue a ser elevadísimo a pesar de que xa case non se constrúen.

Para falar de todo isto hoxe acompáñannos Estefanía Calo, autora dunha tese sobre a vivenda en España, Héctor Tejón de Stop Desafiuzamentos A Coruña, e Javier Díaz e Olga Burque da cooperativa Outra forma de vivenda. Varias cuestións sobre a mesa, entre outras o como se xestou o problema, as consecuencias para quen se quedou na rúa e unha alternativa ao modelo tradicional.

A nosa intención era charlar con todos e todas á vez, mais a última hora Estefanía non puido acudir á cita polo que quedamos con ela uns días despois. Alterando a orde de gravación, a súa intervención aparece primeiro dado que contextualiza e nos pon en antecedentes para comprender o problema”.

Escoitar podcast ou ir á páxina de Arquitectura Sen Fronteiras 

Deja una Respuesta

*

captcha *