• Galego (gl)Galego
  • Español (es)Español
Síguenos en...
facebook
twitter
  • Inicio
  • Presentación
  • Orixe
  • Características
    • Principios
  • Intencións
    • Cronograma
  • Participa
  • Outras experiencias
  • Fitos no camiño
  • Contacto

Próxima xuntanza: luns 1 de febreiro no CC. Os Mallos

Xaneiro 29, 2016
by admin
0 Comment

Finalmente, solventado o tema do espazo, queremos convocarvos ao próximo encontro de Outra Forma de Vivenda que terá lugar este luns día 1 de febreiro ás 19 horas na sala de usos múltiples do Centro Cívico de Os Mallos.

evento 1 f

Desta vez, contaremos coa participación da cooperativa SostreCívic a través de videoconferencia. Sostre Civic é unha cooperativa de ámbito estatal e con sede en Barcelona que promove un novo camiño de acceso á vivenda alternativa aos tradicionais modelos de compra ou aluguer.

Nesta palestra explicaranos as características desta outra opción, baseada nos Modelos de Cooperativas de Uso e a través da cal os seus membros participan e desfrutan dun uso indefinido da vivenda grazas a un dereito de uso asumible.

Esta constitúe unha nova xuntanza de “Outra Forma de Vivenda”, unha iniciativa cidadá sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a creación dunha cooperativa de vivendas accesíbeis, comunitarias e sustentábeis en A Coruña. Actualmente encóntrase nun momento inicial do seu proceso, e esta sesión informativa forma parte dunha fase de búsqueda de futuros/as habitantes que integrarán a cooperativa.

A orde do día será:
– Presentación de Outra Forma de Vivenda.
– Sostre Civic en conexión en directo: modelo de cesión de uso.
– Dúbidas, preguntas e posta en común.
– Peche e próximas convocatorias.

Rogamos puntualidade e sentimos os cambios de última hora.

Sobre el autor
Redes Sociales
  • google-share

Deja una Respuesta Cancelar a resposta

*
*

Novas

La próxima Asamblea abierta tendrá lugar la semana del 14 de diciembre.


Próxima reunión informativa día 11 de noviembre

Para empregar o contido da web é preciso contar co consentimento de "outra forma de vivenda", que é propietaria da información publicada e do seu logo