Xornadas Outra Forma de Vivenda é Posible.

Xornadas Outra Vivenda é Posible. Iniciativas cidadás e políticas públicas para un hábitat digno.

Os días 16 e 17 de xuño terán lugar estas xornadas no Centro Ágora de A Coruña.

Cada vez aparecen máis voces críticas que demandan un cambio no xeito de habitar e de afrontar a xestión do hábitat, sendo varias as características do modelo dominante no Estado que levan a procurar esta transformación. Así, atopámonos cun dereito á vivenda recoñecido constitucionalmente, que na práctica vese minguado coa súa entrega a un mercado especulativo co obxectivo principal de obter o máximo beneficio.

Unha das cuestións invisibilizadas no habitar das nosas sociedades é a diversidade da poboación, que se traduce na escaseza dunha oferta de vivendas que faciliten o benestar e a autonomía de tódalas persoas, sendo preciso pensar o hábitat dende o deseño universal. No mesmo sentido, o elevado impacto ambiental do sector da construción tampouco foi un factor a ter en conta na medida adecuada. Finalmente, hai que destacar a necesidade de promover unha cidadanía activa e responsable, participante da definición e a xestión do seu propio hábitat nas distintas escalas.

Dende a administración, é importante traballar no deseño e implementación de novas políticas públicas no eido do Dereito a un hábitat digno, que podan axudar a revertir décadas de desinterese institucional e de mercantilización da Vivenda.
Consideramos que o impulso institucional é imprescindible pero non suficiente; para mudar o modelo socioeconómico que xira arredor da vivenda é preciso contar coa cidadanía organizada e a súa implicación.

Neste sentido, iniciativas como Outra Forma de Vivenda levan a cabo un proxecto que desde o colectivo, investiga en novas maneiras de xestión para dar resposta a situacións particulares, combinando a independencia e a intimidade dunha vivenda propia coa convivencia na comunidade (axuda mutua, áreas e espazos compartidos, relación co barrio), poñendo o foco no respecto pola natureza, e defendendo o acceso á vivenda como un dereito, e coa idea de crear unha cooperativa sen ánimo de lucro de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias.

Por iso xorden estas xornadas, organizadas desde o Concello de A Coruña, e en colaboración con Outra Forma de Vivenda, co obxectivo de reflexionar desde o colectivo sobre estes novos modelos de vivenda, o papel da cidadanía no deseño e construción do seu propio hábitat, ou o rol das institucións como impulsoras destas novas fórmulas.
As xornadas servirán para comparar modelos de éxito, xerar ideas e ofrecer solucións, así como para profundizar sobre aspectos clave como a accesibilidade universal, a vida comunitaria en tódolas las súas vertentes e a sustentabilidade, sempre partindo do dereito á vivenda como dereito universal.

Coñeceremos diferentes iniciativas que se están dando no Estado sobre modelos alternativos de vivenda, dende perspectivas transversales que abranguen áreas como a sociedade dos coidados, a biocontrución, a diversidade funcional, problemática de acceso á vivenda, etc.

Neste enlace podes acceder ao programa:

VIERNES 16 de xunio.

17:00 Acollida e presentación das xornadas.

Xiao Varela. Concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda do Concello de A Coruña
Rocío Fraga. Concelleira de Igualdade e Diversidade do Concello de A Coruña
Olga Burque. Outra Forma de Vivenda

17:30 Mesa 1: O papel das institucións. O público como axente facilitador e impulsor de novos modelos de vivenda.

Presenta e modera: Estefanía Calo. Contexto e análise das políticas de vivenda
Ignacio Tremiño. Deputado Nacional por Valladolid e Portavoz do Grupo Popular na comisión para as políticas integrais da discapacidade.
Alba Paz. Subdirectora Xeral de Economía Social da Xunta de Galicia.

Pausa-café (18:50 a 19:10)

Xosé Allegue. Arquitecto.
Ricard Fernández Ontiveros. Xerente de Dereitos Sociais do Concello de Barcelona

SÁBADO 17 de xuño.

10:00 Mesa 2. O papel da cidadanía, construindo dende abaixo

Presenta e modera: Emma López Bahut. Alternativas na vivenda colectiva dende a autoxestión da cidadanía.
Rosalidia Álvarez e Ramón Segura. Outra Forma de Vivenda.
Iñaki Alonso. Socio fundador da Cooperativa de Entrepatios (Madrid)
Joana G. Grenzner e Joan Gual. Cooperativa La Borda (Barcelona).

Pausa-café (12:05 a 12:25 h)

12:30 Mesa 3 Outra forma de vivenda é posible

Presenta e modera: Antía Pérez Caramés. Da sustentabilidade da vida á vivenda sustentable.
Paloma Rodríguez Villegas e Baudilia Lozano González. Centro Social de Convivencia para Maiores Trabensol.
Concepción Vilas Fernández. Traballadora Social responsable da Unidade de Lesionados Medulares do CHUAC.
Juan Bello. Arquitecto técnico experto en sustentabilidade

Pausa de Xantar (14:00 a 16:00 h)

16:00 Mesa 4 Acompañamento profesional: a xestión e o financiamento
Presenta e modera: Suso Cano. Os piares técnicos para disfrutar dunha vivenda digna.
Leo Bensadón. Director e socio de Cohousing Verde.
Raül Robert. Presidente de Cohabitar e socio-fundador de Sostre Civic
Ramón Carmelo Rodríguez Padín. Secretaría Técnica de Coop57
Alfredo Losada. Git Galiza Norte de Fiare Banca Ética

17:40 Dinámica participativa: obxectivos e conclusións.

18:40 Peche de xornadas.

programa _cuberta programa_interior

Deja una Respuesta

*

captcha *