Próxima xuntanza: 9 de maio no Mercado de San Agustín.

A próxima asemblea de Outra Forma de Vivenda, terá lugar o próximo luns 9 de maio ás 18:30 horas no 1º andar do Mercado de San Agustín (entrada accesible pola parte traseira). Como vedes tivemos que cambiar a última hora de espazo por non contar coa sala habitual do cc Os Mallos.

Como en outras ocasións, estaremos ás 18 horas por alí para aquelas persoas que veñan por primeira vez e queran informarse.

ofv9m

ORDE DO DÍA:

Seguramente non poidamos abordar tódolos temas, e nese caso podemos deixarlo para tratar en próximas xuntanzas ou como “traballo para casa”.

1. Rolda de presentacións (se hai xente nova): 5-10′

2. Continuar coas enquisas sobre desexos e necesidades de vivenda (barrio/ vida comunitaria) 30′(enquisa).

3. Revisar e actualizar cronograma 30 ‘

4. Avanzar de cara a próximas reunións co Concello 30′
– Traballo sobre “necesidades xerais e específicas”
– Petición de posibles espazos para cesión (posibilidade de comezar a traballar sobre un mapa de A Coruña: mapa colaborativo).
– Investigar casos de cesión administración-cooperativa

Varios:
5. Tema Cuota de soci@s 5′

6. Rematar papeleo para presentar e formalizar a constitución como asociación. 5’

Deja una Respuesta

*