• Galego (gl)Galego
  • Español (es)Español
Síguenos en...
facebook
twitter
  • Inicio
  • Presentación
  • Orixe
  • Características
    • Principios
  • Intencións
    • Cronograma
  • Participa
  • Outras experiencias
  • Fitos no camiño
  • Contacto

Así foi 2016 e así será 2017.

Xaneiro 18, 2017
by admin
0 Comment

Facemos balance do ano.

Xa hai un ano e uns meses que presentamos Outra Forma de Vivenda no Ágora, e moito máis tempo que estamos a pensar e a traballar na idea como necesidade e desexo común de crear unha cooperativa sen ánimo de lucro de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias na cidade de A Coruña.

É positivo resaltar a dedicación da xente que participa nas reunións de traballo que tivemos cada mes. Isto se expresa en implicación persoal e do grupo en beneficio dos obxectivos de Outra Forma de Vivenda; este esforzo colectivo acaba dando folgos para continuar neste proceso complexo onde non todo é marco xurídico, administrativo ou económico. Grazas a todas estas persoas por isto.
outra

Neste 2016 conseguimos:

– Manter contacto coa Concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda: este acercamento nos deixa atisbar un inicial apoio por parte do Concello de A Coruña, coa idea de seguir neste camiño e afastarse da especulación, tan relacionada nos últimos anos cun dereito básico como é o dereito á vivenda; e por outro lado, faise notar a complexidade dos movementos administrativos.

– Presentacións do proxecto en lugares con posibles persoas interesadas en ser habitantes ou participantes, como a Cooperativa de Consumo Zocamiñoca, o centro social A Comuna, etc.

– Constitución como asociación sen ánimo de lucro, como transición antes de convertirmos en cooperativa.

– Relacións con outras entidades que están a desenvolver experiencias similares en España como La Borda, Sostre Civic, etc

– Participación en encontros e xornadas relacionadas coa economía social e o consumo responsable.

– Participación no “IV Congreso de Arquitectura y Cooperación al Desarrollo: Sentido Social del Hábitat”.

De cara a este 2017, as nosas prioridades son as seguintes:

– Organización dunhas xornadas en A Coruña sobre vivenda, a poder ser apoiadas polo Concello.

– Elaboración de estatutos da cooperativa.

– Relacións con entidades e administracións de apoio.

– Procura de edificio ou terreo para levar a cabo o proxecto, as súas características económicas, arquitectónicas, e de deseño.

– Avanzar no marco xurídico e económico con apoio de entidades especializadas.

– Desenvolver o grupo de habitantes e as características e preferencias do mesmo.

A próxima reunión de traballo será o próximo luns 23 de xaneiro, ás 18:30 h no centro cívico Os Mallos. Faremos unha dinámica para profundizar nas dimensións de cada futura vivenda en base ás preferencias das habitantes.

Sobre el autor
Redes Sociales
  • google-share

Deja una Respuesta Cancelar a resposta

*
*

Novas

La próxima Asamblea abierta tendrá lugar la semana del 14 de diciembre.


Próxima reunión informativa día 11 de noviembre

Para empregar o contido da web é preciso contar co consentimento de "outra forma de vivenda", que é propietaria da información publicada e do seu logo