• GalegoGalego
  • EspañolEspañol
Síguenos en...
facebook
twitter
  • Inicio
  • Presentación
  • Orixe
  • Características
    • Principios
  • Intencións
    • Cronograma
  • Participa
  • Outras experiencias
  • Fitos no camiño
  • Contacto

Así foi a reunión aberta do 7 de outubro.

Outubro 16, 2015
by admin
0 Comment

“Moitas grazas a todas as persoas que participaron o mércores e fixeron notar que existe unha necesidade e un desexo común de poder contar con outra forma de vivenda”.

Foto de Xosé Durán

A reunión aberta a persoas interesadas en participar neste proxecto piloto de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias, celebrouse o 7 de outubro na sala 9 do centro cultural Ágora, e asistiron arredor de 70 persoas.

Tras unha primeira introducción onde se deu a coñecer de onde xordía a iniciativa, basada en experiencias persoais que levaron á busca de novas formas de colaboración e modelos de vivenda para persoas con necesidades físicas concretas: “son as experiencias cercanas as que dan lugar a ideas e a gañas de cambio. A idea seguiu rodando e tomando forma desde hai uns anos e agora se presenta en busca de esas personas interesadas en vivir.

Partindo do dereito a vivenda digna, se plantexa un proxecto de cooperativa de vivenda baseado en 3 grandes pilares que son a estructura deste proxecto:

  • Deseño Universal: deseño para todas e todos. Igual que cada persoa é única, así debe selo a súa vivenda. Os seres humáns somos diferentes uns de outros, e ademáis, dentro de cada un, se producen cambios (elexidos ou repentinos), xa sexa pola etapa vital, polas túas circunstancias e posibilidades, ou pola túa familia.
  • Vida Comunitaria: alimentar esas redes para adentro, na propia “comunidade” de vivendas, e para afora, co barrio e a propia sociedade. Á elección dos sus propios habitantes: unha lavandería común; ou unha sala de ocio; ou unha horta… todo isto favorece os vínculos sociais, retroalimenta o sistema, e ata produce un beneficio a nivel medioambiental, ó supoñer un consumo máis responsable de recursos.
  • Sustentabilidade: criterios sustentables presentes desde antes incluso de iniciar o proxecto, durante o seu desenvolvimento (elementos de construción ou rehabilitación), e durante a vida das vivendas e dos seus habitantes.

A primeira opción que plantexan as impulsoras da iniciativa é a “cooperativa de cesión de uso”, aínda que como todo neste proceso, recalcan, deberá irse definindo polas persoas que queran residir nestas vivendas e facer fronte de forma colaborativa a este proceso.

Tras unha primeira hora na que se expuseron os diferentes criterios e principios que marcan as liñas básicas deste proxecto, deuse paso a un espazo aberto de participación onde saíron intervencións moi interesantes en forma de preguntas, suxerencias, e apoios.

“A xuntanza representou tamén un gran reforzo positivo, sentiuse o interese, o ánimo, e as ganas de colaborar neste proxecto. E quizáis o máis importante, saiu xente que quere apostar por esta outra forma de vivenda e convertirse así en futuros/as habitantes destas vivendas accesibles, sustentables e comunitarias”.

A partir de agora comeza unha nova fase marcada por estas persoas que formarán parte da iniciativa en tódalas súas formas.

Cuestións importantes para non perder de vista:

  • Este proxecto está dirixido a calquera persoa, familia ou grupo de persoas interesadas en calquera dos criterios que o conforman: accesibilidade, sustentabilidade e vida comunitaria. Non vai orientado a poboacións ou perfiles específicos, senón á poboación en xeral.
  • A próxima reunión informativa e de traballo será o mércores 11 de novembro no centro cultural Ágora ás 19:30 horas.

“Haberá tempo para profundizar en moitos temas, e a construir un proceso co que consigamos chegar ao noso obxectivo de forma coherente. Grazas a todos/as”.

Sobre el autor
Redes Sociales
  • google-share

Deja una Respuesta Cancelar a resposta

*
*

captcha *

Próximas xuntanzas

There are no upcoming events at this time.

Facebook

Novas

La próxima Asamblea abierta tendrá lugar la semana del 14 de diciembre.


Próxima reunión informativa día 11 de noviembre

Para empregar o contido da web é preciso contar co consentimento de "outra forma de vivenda", que é propietaria da información publicada e do seu logo