• GalegoGalego
  • EspañolEspañol
Síguenos en...
facebook
twitter
  • Inicio
  • Presentación
  • Orixe
  • Características
    • Principios
  • Intencións
    • Cronograma
  • Participa
  • Outras experiencias
  • Fitos no camiño
  • Contacto

Imos formando comunidade, aínda tes oco en Outra Forma de Vivenda.

Marzo 03, 2016
by admin
0 Comment

Estamos moi satisfeitas co interese que houbo o pasado xoves 25 de febreiro no Punto de información para habitantes.
Moitas grazas a Zocamiñoca e á súa xente que nos fixeron estar tan a gusto no seu local.
E moitas grazas tamén a tódalas persoas que estivestes acompañándonos coa intención de ser “potenciais” habitantes de Outra Forma de Vivenda.
Xa somos máis de 10 persoas as interesadas en ser parte desta iniciativa a falta de coñecer temas importantes como poden ser a ubicación e as cifras económicas, cuestións que se irán aclarando no tempo segundo avancemos nas negociacións e contactos con administración e institucións. O 10 de marzo temos a primeira cita coa concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda. Iremos actualizando as novedades que encontremos, e en breve informaremos do próximo punto de información e da xuntanza mensual, que será o luns 14 de marzo ás 18:30 no centro cívico Os Mallos.

De momento, imos formando comunidade; aínda tes oco nesta cooperativa de vivendas sustentables, accesibles e comunitarias. 

cartelhabit

¿Buscas unha vivenda sustentable, comunitaria e accesible?

Outra Forma de Vivenda é un grupo de persoas que, baseándose en experiencias e problemáticas próximas, decidimos unirnos para impulsar un proxecto piloto de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias, onde as persoas habitantes tomen parte activa na súa promoción, deseño e xestión.

Esta iniciativa xorde da necesidade doutro estilo de vivir, na que se teña en conta a natureza e os seus recursos, así como os seres humanos como seres sociais, de forma que tanto a vivenda, a contorna, e as nosas características persoais e familiares, sexan o punto de partida do proxecto.

Outra Forma de Vivenda busca a persoas/familias interesadas en ser parte como futuras habitantes desta iniciativa sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo crear unha cooperativa de vivendas en cesión de uso baseadas en 3 pilares: sustentabilidade, accesibilidade universal e vida comunitaria na cidade de A Coruña.

Xa somos máis de 10 persoas/familias que polo que semella, serán unha parte dos habitantes da cooperativa. ¡Aínda faltas ti!

Sobre el autor
Redes Sociales
  • google-share

Deja una Respuesta Cancelar a resposta

*
*

captcha *

Próximas xuntanzas

There are no upcoming events at this time.

Facebook

Novas

La próxima Asamblea abierta tendrá lugar la semana del 14 de diciembre.


Próxima reunión informativa día 11 de noviembre

Para empregar o contido da web é preciso contar co consentimento de "outra forma de vivenda", que é propietaria da información publicada e do seu logo