• Galego (gl)Galego
  • Español (es)Español
Síguenos en...
facebook
twitter
  • Inicio
  • Presentación
  • Orixe
  • Características
    • Principios
  • Intencións
    • Cronograma
  • Participa
  • Outras experiencias
  • Fitos no camiño
  • Contacto

Próxima xuntanza: luns 18 de abril

Abril 14, 2016
by admin
0 Comment

A próxima asemblea de Outra Forma de Vivenda, terá lugar o próximo luns 18 de abril ás 18:30 horas no centro cívico Os Mallos. Como en outras ocasións, estaremos ás 18 horas por alí para aquelas persoas que veñan por primeira vez e queran informarse.

cartelhabit18abril

Orde do día:
– Presentacións (se é o caso).
– Constitución como asociación:
Como acordamos na última reunión, e para poder dar máis pasos nas posibles relacións que teñamos co Concello e outras institucións, é positivo adoptar unha forma xurídica. De momento, nos constituiremos como asociación sen ánimo de lucro (xa que é unha fórmula sinxela e fácil de manexar), pero coa idea de transformarnos máis adiante en cooperativa.
Para iso, as persoas encargadas deste tema fixeron unha proposta de estatutos, da que faremos unha lectura o luns, veremos os cargos simbólicos, os fins e os obxectivos da asociación. Así, o seguinte paso será formalizalo.

– Ficha de traballo sobre desexos e necesidades de vivenda (enquisa).

Na reunión do luns tamén traballaremos sobre ela. Esta ficha é para as persoas que están interesadas en ser habitantes, que será positivo tamén para coñecer algo máis sobre o número e a realidade da xente realmente interesada (sempre tendo en conta que aínda non coñecemos aspectos como datos económicos e ubicación).

– Petisco: podedes traer algo de picar e de beber para pasar un rato máis informal despóis da reunión. Levaremos nós pratos, cubertos e vasos e pedimos que entre todas as persoas intentemos non levar utensilios de plástico de usar e botar, para así non xerar máis residuos da conta que dañen máis a nosa natureza. Moitas grazas!

– Próximas datas de xuntanzas: 9 e 23 de maio ás 18:30 h no centro cívico Os Mallos.

Sobre el autor
Redes Sociales
  • google-share

Deja una Respuesta Cancelar a resposta

*
*

Novas

La próxima Asamblea abierta tendrá lugar la semana del 14 de diciembre.


Próxima reunión informativa día 11 de noviembre

Para empregar o contido da web é preciso contar co consentimento de "outra forma de vivenda", que é propietaria da información publicada e do seu logo