Loading Events
Find Events

Event Views Navigation

Events for Sábado 30 Novembro, 2019

Day Navigation

10:30 a.m.

Xornadas abertas sobre cooperativismo e consumo responsable: enraizar no asfalto

Sábado 30 Novembro--10:30 a.m. - Domingo 1 Decembro--2:00 p.m.
0001 (1)
Zocamiñoca, 10 anos construíndo soberanía alimentaria na Coruña A economía social está en auxe en Galicia, con máis de 10.000 entidades presentes na Comunidade. Dentro destas, as cooperativas dan emprego a máis de 25.000 persoas e medraron nun 30% dende o comezo da crise; até superar as 1300. A alimentación é un dos sectores onde máis arraigado está o cooperativismo, dentro do cal as empresas que traballan en ecolóxico duplicáronse nunha década. A economía social enraizou nun momento economicamente adverso poñendo no centro ás persoas. Consolidado o modelo, é o momento de reforzar estruturas e redes de colaboración que permitan aumentar o impacto e ofrecer solucións á cidadanía que requiren dun artellamento maior. Cales son os principais retos do consumo responsable? É todo o que se nos presenta como ecolóxico ambiental e socialmente sostible? Que podemos facer as consumidoras para estar seguras de que o noso consumo é responsable e beneficia á nosa contorna inmediata? Como espallar estas iniciativas para aumentar a nosa capacidade de decisión sobre o consumo de produtos e bens de necesidade diaria? As xornadas abertas Enraizar no Asfalto, organizadas pola Unión de Cooperativas Espazocoop en colaboración coa Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca e financiadas polo Concello da Coruña pretenden achegar distintas experiencias de consumo responsable tanto na contorna da Coruña, a nivel galego e doutros puntos da península. Afondarán no que podemos facer como consumidoras para dinamizar o territorio, evitar a perda de poboación das áreas rurais ou alimentarnos mellor. Co gallo do X aniversario da cooperativa de consumo Zocamiñoca, sita na Coruña; as xornadas misturan actividades de difusión, obradoiros prácticos e actividades de tipo lúdico; cunha oferta de actividades dirixidas ás máis pequenas. PROGRAMA: SÁBADO 30 DE NOVEMBRO MAÑÁ Aula Centro Cívico Monte Alto 11:00h – 14:00h. Peque-creadoras. Espazo de conciliación. Dinamiza Taller de Polo (aforo máximo 20 persoas, actividade de balde previa inscrición) Salón de Actos Centro Cívico Monte Alto 11:00h – 11:15h. Inauguración. O cooperativismo de consumo, cando mercar conciencia. Representante do Concello de A Coruña. Representante da Unión de Cooperativas EspazoCoop. Constantino Gago Conde, xerente de EspazoCoop. Representante de Zocamiñoca S. Coop. Galega. X Aniversario da Cooperativa. Yolanda Sánchez. 11:15h – 12:00h. Zocamiñoca: unha historia de 10 anos construíndo alternativas na Coruña. Socias consumidoras da cooperativa. 12:00h – 14:00h. Redes que escalan cambios: Os casos da Subbética Ecolóxica (Córdoba) e a Rede Galega de Desenvolvemento e Educación Para o Rural (Galicia). Modera: Helena Martínez Cabrera. Zocamiñoca Soc. Coop. Gal. Coidar a terra e ás persoas: circuítos curtos de comercialización. Iniciativa agroalimentaria Subbética Ecolóxica (Córdoba). Inés Criado e Rafael Arroyo. Vogal de Comunicación e Secretario. Máis aló do Eixo Atlántico: a sociedade civil en defensa dun territorio vivo. Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural. Alicia López Pardo e Alfonso Filgueira. Membros da Directiva. XANTAR Menú de cociña portuguesa no Recuncho de Esmeralda, 15 euros/persoa. Inscrición previa (Rúa Pelamios, 7) TARDE Aula Centro Cívico Monte Alto 17:30h – 20:00h. Peque-artistas. Espazo de conciliación. Actividade paralela para nenos e nenas (até 5 anos con persoa adulta a cargo), combinando actividades guiadas para a elaboración de manualidades con materiais sostibles, tradicións doutros lugares de Europa e xogo libre . Aforo máx. 20 persoas, previa inscrición Centro municipal de empresas Accede Papagaio 17:00h – 18:30h. Obradoiro de empoderamento fiscal e económico (de balde, previa inscrición, persoas adultas). Imparte: Helena Sanmamede. Étikas.Socia de Zocamiñoca. 18:30h – 20:00h. Obradoiro de experimentación sobre autocoidados en saúde. (Centro municipal de empresas Accede Papagaio) Actividade para persoas adultas e maiores de 11 anos. Aforo máx. 20 persoas, previa inscrición Imparte Estefanía Zardoya. Médica de familia e asesora en saúde. Socia de Zocamiñoca. Salón de Actos Centro Cívico Monte Alto 17:00h – 18:30h. Solucións aquí e agora. O Plan Alimentario 2014-2022 nas Mariñas Coruñesas. Modera: Laura Castro Balance 5 anos despois: obxectivos, retos e oportunidades. Jorge Blanco Ballón. Xestor Reserva Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” . Asociación e Escola Infantil Municipal A Caracola (Novo Mesoiro, A Coruña): o proxecto de comedor ecolóxico. Beatriz Ferreira. Directora do Centro. Escola de Agricultura Ecolóxica Raíña Paraíso (Vilasantar). Producir en ecolóxico para a integración social. Raquel Freire. 18:30h – 20:00h. Mesa Redonda. Economía social en Galicia: cando a alternativa se fai norma. Modera: Espazocoop: Constantino Gago. Panxea consumo responsable, Coop (Santiago de Compostela). Estéban González. Zocamiñoca, consumo responsable, Coop (A Coruña). Marcial Blanco. Outra forma de vivenda (A Coruña). Ramón Segura. Arbore consumo consciente, S. Coop. Galega (Vigo). Cándido Martínez. Nosa enerxía, S. Coop. Galega (Galicia). Ángel Montero Campos. Bico de grao, S. Coop. Galega (Lugo). Amaia Santamarta. Mercado da terra, S. Coop. Galega (Lugo). Vito Santalha. Peche lúdico 20:30h – 21:30h. Monólogo Chusco e Bruneti. Cervexería Artesá Caneca Furada (Rúa Panadeiras, 20, Baixo). Actividade de balde con pincho de cortesía preparado por produtoras de Zocamiñoca. DOMINGO 1 DE DECEMBRO (CAMPO DA LEÑA) 11:00 – 17:00h. Posto Zocamiñoca e produtoras de proximidade, con información a persoas interesadas e venda de produtos da cooperativa. 12:30h – 13:30h. Mesa Consumo responsable a pequena escala, coa participación de grupos de consumo da provincia da Coruña. Grupo de consumo Carballo. Diego e Sonia Millo Miúdo(Oleiros). Coqué Saavedra Zocamiñoca. Maru Regueiro Grupo de consumo Orro. Luz Manso 13:30h – 14:30h. Sesión vermut Festa X Aniversario da Cooperativa Zocamiñoca, amenizada pola cantautora Sofía Espiñeira. Find out more »
+ Export Day's Events