• GalegoGalego
  • EspañolEspañol
Síguenos en...
facebook
twitter
  • Inicio
  • Presentación
  • Orixe
  • Características
    • Principios
  • Intencións
    • Cronograma
  • Participa
  • Outras experiencias
  • Fitos no camiño
  • Contacto

Outra Forma de Vivenda camiño de ser asociación.

Abril 27, 2016
by admin
0 Comment

Así foi a última xuntanza do pasado luns 18 de abril no C.C. Os Mallos:

1. Comezamos cunha rolda de presentacións, aproveitando que acuden novas persoas interesadas no proxecto ou en ser posibles unidades habitacionais.

reuOFV18abrilmaq

2. Enquisa a habitantes:

Como unha primeira aproximación aos intereses e necesidades de cada unidad de convivencia de cara a formar a futura cooperativa, faise unha enquisa e ponse en común as opinións de cada unidad sobre, entre outros:
– Ubicación das vivendas (núcleo urbano/rural)
– Dimensións das mesmas (número habitacións)
– Esixencias concretas das vivendas
– Espazos comúns e as súas utilidades
– Aportación económica mensual
Xorde debate sobre algún dos aspectos tratados, como a ubicación das vivendas ou a aportación mensual, pero sen chegar a tomar ningunha decisión en ningún sentido (o obxectivo era de aproximación, pero non concluinte); a pesares disto, si parece haber un acordo grupal sobre a necesidade dunha ubicación urbana das vivendas.

0001 (1) 0002

3- Por último, pasamos a facer a lectura de estatutos

Co obxectivo de abrir canles máis formais de comunicación co Concello de A Coruña e outras institucións e demáis entidades, un dos puntos da orde do día foi aprobar os estatutos e constituirnos como asociación Outra Forma de Vivenda (OFV).

Despóis da lectura da proposta de estatutos, e tras concretar algunhas cuestións máis específicas, apróbase o borrador elaborado e decidimos que persoas pasarán a selos órganos de representación da asociación: presidenta, secretaria, vicepresidenta, tesoreiro e 4 vocales, ademáis da ubicación da sede social tendo en conta que non contamos con local.

Queda pendente para a próxima reunión xuntar tódolos documentos, firmas e DNIs para proceder a formalizalo.

Ademáis, para poder facer fronte a certos gastos como a propia formalización da asociación, entre as persoas presentes e de maneira voluntaria, recáudanse 50,50 euros, ata que en próximas reunións abordemos establecer unha cuota de socio/a que nos permita sufraga-los gastos que vaian xurdindo. coa idea de próximamente convertir en cuotas de soci@s accesibles para a maioría da xente, e necesarias para seguir avanzando neste proceso.

Como xa sabedes, Outra Forma de Vivenda é unha iniciativa sen ánimo de lucro que funciona a través da participación cidadá, de persoas que adican parte do seu tempo e das súas ideas de xeito desinteresado para poder desenvolver este proxecto.

Próximas convocatorias: 9 e 23 de maio.

Sobre el autor
Redes Sociales
  • google-share

Deja una Respuesta Cancelar a resposta

*
*

captcha *

Próximas xuntanzas

There are no upcoming events at this time.

Facebook

Novas

La próxima Asamblea abierta tendrá lugar la semana del 14 de diciembre.


Próxima reunión informativa día 11 de noviembre

Para empregar o contido da web é preciso contar co consentimento de "outra forma de vivenda", que é propietaria da información publicada e do seu logo