Características

¿Que propoñemos?


Pensamos que as vivendas deste proxecto deberán reunir como mínimo tres características. Así, serán:

  • Accesibles:
    • Ofrecendo a posibilidade dunha vida independente e autodirixida, que a través dun deseño universal e inclusivo, facilite a autonomía das persoas nas súas casas e actividades cotiás.
    • Con espazos adaptables que poidan axustarse ás necesidades específicas de cada núcleo de convivencia, xa que non existe un modelo de vivenda ideal, senón unha vivenda única para cada persoa ou familia.
  • Comunitarias:
    • Facilitando a creación de sinerxías tanto coa propia comunidade como co seu barrio en particular, e co tecido social en xeral.
    • Fomentando a autonomía non só dentro do domicilio, senón tamén nos espazos comunitarios e no barrio.
    • Promovendo unha convivencia colaborativa e participativa dentro da comunidade, que atenda ás diferentes unidades de convivencia na súa diversidade, e que abranga a totalidade do proceso (formación do grupo, deseño, materialización e uso).
  • Sustentables:
    • Empregando materiais respectuosos co ambiente e coa saúde das persoas.
    • Con criterios de eficiencia enerxética (tanto na construción como ao longo da vida útil das vivendas), e de aforro e aproveitamento dos recursos en xeral (reciclaxe, materiais renovables, etc.)
    • Cun custo asumible que non supoña unha carga económica desproporcionada para os seus habitantes.