Facemos balance do ano.
Xa hai un ano e uns meses que presentamos Outra Forma de Vivenda no Ágora, e moito máis tempo que estamos a pensar e a traballar na idea como necesidade e desexo común de crear unha cooperativa sen ánimo de lucro de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias na cidade de A Coruña.
É positivo resaltar a dedicación da xente que participa nas reunións de traballo que tivemos cada mes. Isto se expresa en implicación persoal e do grupo en beneficio dos obxectivos de Outra Forma de Vivenda; este esforzo colectivo acaba dando folgos para continuar neste proceso complexo onde non todo é marco xurídico, administrativo ou económico. Grazas a todas estas persoas por isto.
Neste 2016 conseguimos:
– Manter contacto coa Concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda: este acercamento nos deixa atisbar un inicial apoio por parte do Concello de A Coruña, coa idea de seguir neste camiño e afastarse da especulación, tan relacionada nos últimos anos cun dereito básico como é o dereito á vivenda; e por outro lado, faise notar a complexidade dos movementos administrativos.
– Presentacións do proxecto en lugares con posibles persoas interesadas en ser habitantes ou participantes, como a Cooperativa de Consumo Zocamiñoca, o centro social A Comuna, etc.
– Constitución como asociación sen ánimo de lucro, como transición antes de convertirmos en cooperativa.
– Relacións con outras entidades que están a desenvolver experiencias similares en España como La Borda, Sostre Civic, etc
– Participación en encontros e xornadas relacionadas coa economía social e o consumo responsable.
– Participación no “IV Congreso de Arquitectura y Cooperación al Desarrollo: Sentido Social del Hábitat”.
De cara a este 2017, as nosas prioridades son as seguintes:
– Organización dunhas xornadas en A Coruña sobre vivenda, a poder ser apoiadas polo Concello.
– Elaboración de estatutos da cooperativa.
– Relacións con entidades e administracións de apoio.
– Procura de edificio ou terreo para levar a cabo o proxecto, as súas características económicas, arquitectónicas, e de deseño.
– Avanzar no marco xurídico e económico con apoio de entidades especializadas.
– Desenvolver o grupo de habitantes e as características e preferencias do mesmo.
A próxima reunión de traballo será o próximo luns 23 de xaneiro, ás 18:30 h no centro cívico Os Mallos. Faremos unha dinámica para profundizar nas dimensións de cada futura vivenda en base ás preferencias das habitantes.