Este luns tivemos unha reunión que tocou improvisar, de maneira excepcional, nun espazo diferente: o Mercado de San Agustín. Aínda que a acústica non foi a mellor, foi un gusto poder aproveitar este lugar e traballar alí os próximos pasos que nos van acercando a Outra Forma de Vivenda.
1. Rolda de presentacións
2. Rematar enquisas: sobre a parte relativa ao barrio e ás redes comunitarias.
3. Retomamos o cronograma elaborado para ubicarnos, reflexionar sobre o proceso e tomar así perspectiva coas novas fases e tarefas a traballar.
- Próximas tarefas:
- Contactar con La Borda e outras iniciativas con procesos similares para coñecer fórmulas de cesión de espazo.
- Sobre a ubicación: comezaremos a ir valorando posibles localizacións a través dun mapa colaborativo da cidade de A Coruña con espazos suscetibles de acoller as nosas vivendas.
4. Elaboración dunha orde do día para a próxima reunión de traballo. Veremos máis detalladamente o mapa colaborativo, así como contactos con diferentes entidades e iniciativas e profundizaremos sobre que necesidades xerais e específicas existen e poden ir xurdindo.
5. Firma de estatutos e acta fundacional para a constitución como asociación, que será formalizada esta semana.