Buscamos espazo onde desenvolver o proxecto, ¿queres darlle uso a un lugar que tes en desuso?

Dende o inicio, a nosa primeira opción para poder desenvolver este proxecto foi a cesión dun espazo público por parte dalgunha administración. O dereito á vivenda é un dereito universal e é algo que queremos cubrir con esta iniciativa. Cremos que as administracións públicas deberían facer frente aos problemas que hai de acceso á vivenda para garantir así este dereito básico sen o cal non se poden desenvolver o resto de dereitos. Por iso, este proxecto de participación cidadá, quere ir da man dalgunha administración que sexa valente e decida cambiar o paradigma.

Levamos anos en nogociacións co Concello da Coruña con diferentes interlocutores. Esta vía está indo moi lenta, así que queremos buscar otras opcións.

Por iso, se es unha institución privada ou unha persoa con propiedades como solares ou edificios na cidade da Coruña en desuso e tes interese en darlle un uso diferente, en unhas condición accesibles e xustas, durante un tempo definido e pactado polas partes, ponte en contacto connosco a través do correo info@outraformadevivenda.org.

Deja una Respuesta

*