Seguimos coa difusión e a busca de apoios a esta iniciativa sen ánimo de lucro.
Hai máis dun ano, tivemos unha fase de presentación e difusión de cara á cidadanía, xa que este proxecto é para as veciñas e veciños da cidade. Despóis de encontrar un número apropiado de xente interesada en ser habitante para poder continuar, toca seguir coa difusión e a busca de apoios, neste caso, a nivel institucional e político.
Este venres 7 de abril puidemos xuntarnos con Miguel Lorenzo, deputado do PP no Congreso por Coruña. Recibiunos no Concello e lle presentamos Outra Forma de Vivenda. Así lle explicamos o noso obxectivo de crear unha cooperativa sen ánimo de lucro de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias baixo a fórmula de cesión de uso na cidade de A Coruña.
Amosou unha actitude receptiva, entusiasta e positiva con este proxecto, e nos confirmou o seu apoio. Seguiremos en contacto e buscando alianzas, algo clave neste momento do proceso no que nos encontramos.