O pasado día 10 de marzo, unha pequena parte de Outra Forma de Vivenda, tivemos o primeiro contacto coa concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda (anteriormente coñecida como “Urbanismo”).
O concelleiro Xiao Varela e o seu equipo atendeunos moi atentamente e a primeira impresión podemos dicir que foi moi positiva.
Na reunión celebrada posteriormente no centro cívico Os Mallos o día 14 de marzo, e a raíz deste encontro co Concello, decidimos que era necesario adoptar unha fórmula xurídica que nos permitira relacionarnos de manera máis formal con instituciónes e outras entidades. A forma xurídica elexida de momento sembra que será a de asociación sen ánimo de lucro, xa que nos abrirá camiño de forma máis sinxela e rápida. Pero coa idea de ir traballando nuns estatutos para convertirnos posteriormente en Cooperativa.
Seguiremos avanzando paralelamente en diferentes obxectivos:
- Seguir buscando a persoas interesadas en ser futuras habitantes de Outra Forma de Vivenda.
- Busca de posibles espazos onde desenvolver esta iniciativa.
- Constitución oficial como asociación.
- Ir definindo o tipo de vivenda que queremos.
Para iso, volveremos a reunirnos o próximo luns 18 de abril. Ás 18 horas estaremos no centro cívico Os Mallos para informar a aquelas persoas que veñan por primeira vez, e ás 18:30 horas continuaremos coa reunión de traballo. Este día aproveitaremos ademáis para facer algo máis informal despóis do encontro e levar algo para picar e pasar un bo rato.