Pasou tempo desde que naceu o xerme de Outra Forma de Vivenda. E pasou un ano desde que presentamos o 7 de outubro de 2015 no Ágora esta iniciativa.
Neste ano, o grupo de impulsoras e futuras habitantes medrou; tivemos varias reunións satisfactorias co Concello de A Coruña e a día de hoxe somos máis persoas que adicamos tempo a isto porque confiamos en poder facer realidade estas vivendas accesibles, sustentables e comunitarias en Coruña.
Lonxe da especulación, sen promotores externos e pensando sempre nas persoas e no medio ambiente.
Nestes próximos meses continuaremos coas reunións de traballo, con varios puntos clave:
- A busca de alianzas de Administracións, entidades e persoas.
- A organización dunhas xornadas de formación interna para o grupo, e aberta ao público.
- Ir avanzando tamén nos estatutos da cooperativa que conformaremos.
- Buscar unha ubicación que poida facilitar ás persoas unha aproximación en canto a custos e localización das vivendas.
Agora que somos asociación, na pasada reunión acordamos unha cuota de participación de 20 euros ao ano que servirá para facer fronte a gastos que poidan xurdir.
A próxima reunión de traballo será o luns 17 de outubro ás 18:30 h no Centro Cïvico Os Mallos.