A cooperativa Trabensol, nun pobo de Madrid, converteu o concepto e o contido dunha residencia de maiores, nun fogar comunitario ao guto.
«Está todo moi pensado. As zonas de acceso da casa están orientadas ao norte e as do aloxamento ao sur. Temos 25 pozos de 150 metros que fan que o chan sexa radiante e teña unha temperatura constante de 16 graos. Os canlóns dos tellados van a un alxibe que recolle a auga da choiva e permítenos regar durante tres meses. Os illamentos térmicos e acústicos están moi coidados e as luces exteriores están dirixidas cara abaixo para que non haxa contaminación lumínica e podamos ver as estrelas», sinala Jaime Moreno, xornalista e coordinador da comisión de comunicación do lugar.
http://trabensol.org/