Presentación

Proxecto de vivendas accesibles, comunitarias e sustentables na cidade da Coruña


É momento de cambio, pedímolo as persoas e tamén a natureza. Tod@s temos dereito a unha vivenda adaptada á nosa situación persoal.

Quen somos?

Somos un grupo de persoas que baseándose en experiencias e problemáticas próximas, decidimos unirnos co interese de desenvolver esta iniciativa común. Ademáis de xente interesada en ser habitantes, hai profesionais de diversas áreas (terapia ocupacional, arquitectura, comunicación, traballo social, psicoloxía,…).

Dende 2016 estamos constituidas como asociación sen ánimo de lucro.

Que queremos?

  • Impulsar un proxecto piloto de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias, no que as persoas interesadas tomen parte activa na súa promoción, deseño e xestión. 
  • Reivindicar o dereito a unha vivenda digna tendo en conta as situación de cada unidade de convivencia.
  • Propoñer outra forma de construír e habitar, respectuosa e considerada co medio ambiente e coa saúde das persoas.
  • Estender a idea de habitar máis aló da vivenda propia, primando as relacións dentro da comunidade e co barrio.