Intencións

Este apartado quere facer referencia ao plantexamento que naceu no inicio deste proxecto. Son factores que quixéramos que se teñan en conta no momento de desenvolver de manera práctica este proxecto piloto de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias. Pero que sabemos que dependerán de moitos factores, entre outros, a propia vontade do grupo de persoas interesadas, ou o resultado de posibles negociacións con institucións públicas, entidades, etc; ou ben son ideas que pertencen a unhas fases máis avanzadas do proceso.

  • Cooperativa de vivendas en cesión de uso.

Isto significa que se crea unha cooperativa que será a “propietaria” ou xestora das vivendas (segundo sexan de cesión, de compra ou de aluguer). As persoas cooperativistas pagan unha aportación inicial e unha cota mensual de dereito de uso.

Ademáis, este concepto dalle dinamismo e heteroxeneidade ás vivendas pola posibilidade de entrada e saída de novas unidades de convivencia na cooperativa.

Este vídeo de CoHousing Verde explícao moi ben:

  • Proxecto piloto de entre 10 e 15 vivendas. Queremos que se convirta nun proxecto replicable para o futuro, para a población en xeral ou para colectivos específicos e aprender así no proceso. No seu inicio plantexamos a posibilidade de que sexan vivendas en módulos baixos ubicados na cidade de A Coruña. 
  • Estas vivendas estarán deseñadas tendo en conta as necesidades e características específicas de cada unidade de convivencia, cuns criterios mínimos de deseño universal que permitan que poidan seguir sendo habitables por calquer persoa ou grupo incluso se hai un cambio de “habitantes” cooperativistas. 
  • Criterios de construción e de vivenda: sustentables, comunitarias e accesibles. 
  • Espazos comúns: lavandería, espazos verdes, etc. Desta forma, garantizamos a intimidade de cada unidade de convivencia, pero ademáis, dando uso compartido a este tipo de espazos, contribuimos a facer un consumo máis responsable, colaborativo e a alimentar as relacións sociais, na medida en que cada un prefira. 
  • Banca ética: no caso de que sexa necesario contar con financiacións ou movementos de diñeiro, queremos que se faga a través de banca ética, que, segundo Fiare, “quere ser ferramenta ao servizo da transformación social a través da financiación de proxectos de economía social e solidaria e a promoción da cultura da intermediación financieira, baixo os principios de transparencia, participación, democracia e o crédito como dereito”. 
  • Inmediacións con parque e instalacións públicas accesibles. Para que todas as persoas podamos facer exercicio ó aire libre, sen importar a nosa situación persoal. 
  • Contando coa colaboración de organismos públicos. Pensado na idea de chegar a conseguir a cesión dun espazo público (local, nave ou edificio) para o desenvolvemento deste proxecto que reportará moitos beneficios a unha cidade como A Coruña e aos seus habitantes. 
  • Turismo accesible / Vivenda temporal

Coa posibilidade de reservar algunha vivenda para uso temporal, vacacional ou de intercambio.

Este proxecto nace por unha necesidade detectada de satisfacer necesidades básicas de individuos creando vivendas accesibles e sustentables, que promovan a vida autónoma. Éste se configura como obxectivo primario do proxecto ao que se dirixen inicialmente todas as enerxías e recursos. Posteriormente tense planificada a creación dun módulo destinado ao turismo accesible; este módulo acollería tamén estancias temporais de individuos por motivos de lecer ou como aloxamento na adaptación dos individuos á súa nova situación, durante tratamentos de carácter ambulatorio ou en calquera outra situación que se requira.