15 de marzo de 2016
Os días 9, 14 e 15 de marzo realízase, en colaboración con Revista Opcions. Consum i estils de vida transformadors e MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega, unhas Xornadas sobre comercio local e consumo responsable para a Concellaría de Economía Social e Emprego do Concello da Coruña. O obxectivo destas xornadas é promover a reflexión sobre o modelo de consumo actual e as alternativas existentes.
O día 15 participamos no Mercado da #NovaCulturaDoConsumo (mercado San Agustín), xunto con outros postos de economía social, e co obxectivo de de tecer redes neste eido e seguir a buscar posibles habitantes de Outra Forma de Vivenda.