¿A quen nos diriximos?
Outra Forma de Vivenda é un proxecto aberto á participación de calquera persoa ou organización interesadas. Pódese tomar parte de dúas maneiras:
Como futura/o habitante
Como colaborador/a:
– Con tempo e traballo: ¿tes algunha especialidade dentro de dereito, economía, arquitetura, etc?
– ¿Tes un espazo físico (edificio, solar, etc) ao que non lle das uso? Podes facer unha doazón ou unha cesión temporal con condicións económicas accesibles para o noso proxecto.
– Con achegas económicas:
- Faite socia da Asociación Outra Forma de Vivenda: aportación anual de 20 euros na conta de Triodos ES81 1491 0001 2930 0009 5153.
- Fai unha aportación que ti elixas.