O día 11 de novembro de 2015 celebrouse a segunda reunión aberta ao público de Outra Forma de Vivenda no centro cultural Ágora.
Comezouse facendo un breve resumo das ideas principais do proxecto para recordarllo ás persoas que asistiron á anterior reunión e informar a posibles persoas que acudiran por primeira vez.
O obxectivo principal da sesión foi recoller as dúbidas e as expectativas dos/as futuros/as participantes (colaboradores e/ou futuros/as habitantes) e xerar así un espazo de intercambio de ideas, escoita activa e participación directa.
Para isto organizouse unha actividade participativa. Estructurouse en tres mesas de participación sobre tres temáticas distintas relacionadas con este proxecto de vivendas, e cada persoa pasaba por cada unha delas, procurando en todo momento facilitar a comunicación e a discusión do grupo, namentres reflectaban e relacionaban as ideas que xurdían dos participantes nun papel.
Cada 12 minutos os grupos cambiaban de mesa para que así todas as persoas presentes puideran tratar as tres cuestións. Ao finalizar, cada mesa expuso un breve resumo das ideas principais que sairon de tódolos participantes.
Preguntas e conclusións finais
-
¿Que vía de participación neste proxecto é a máis práctica para ti?
Os e as participantes demandan que as reunión abiertas ao grupo se celebren periódicamente (1 vez ao mes) nas que se lles convoque cunha orde do día especificando os temas que se van a tratar. Maniféstase que o lugar ideal para celebrar estas reunións siga a ser o Centro Cultural Ágora. Destas reunións deberá elaborarse un acta para publicala posteriormente na web, de maneira que exista unha transparencia para que todo o mundo poida acceder a esta información.
Ferramentas de participación: plantéxase a posibilidade de discutir e debatir diversos temas que poidan ir xurdindo ao longo do proceso en foros ou en blog. Isto pode ser positivo para ir adiantando algúns temas e ir recollendo información, para posteriormente expor ao grupo entero nas reunións abertas ao público (sen que se exclúa a aquelas persoas que participan e non poidan acceder a este tipo de recursos de debate).
Existe unha demanda de definir con máis detalle o proxecto e o grado de participación das persoas interesadas, así como a elaboración dun cronograma para a organización dos asuntos a tratar. Tamén, a posibilidade de crear unha asemblea xeral e grupos de traballo para unha maior organización e productividade.
-
¿Que che atrae deste proxecto?
O grupo reflecte unha ilusión neste proxecto innovador, destacando o papel participativo que as persoas poden asumir permitindo unha toma de decisións grupal que facilite a construción deste proceso de forma colaborativa.
A atracción fundamental que xera Outra Forma de Vivenda nas persoas participantes foron os tres pilares centrais (comunitario, accesible e sostentable), nos que cada quen expresou o seu interés e/ou necesidades. Ademáis, os e as asistentes destacaron a idea como unha alternativa de vivenda fóra do mercado laboral, na que poder compartir espazos e servizos dunha forma económica e colaborativa. Con este proxecto manifestan unha aprendizaxe persoal e comunitaria na que hai que asumir unha responsabilidade para que se desenvolva con éxito.
-
¿Como quererías que se plasmasen os tres pilares?
Sobre accesibilidade: resáltase a idea de que ésta non sexa solo física senón que as vivendas tamén estean adaptadas para aspectos cognitivos e sensoriais.
Sobre vida comunitaria: faise referencia á responsabilidade e confianza grupal na convivencia, fomentando un proceso no que se cree un equilibrio na toma de decisións e o nivel de participación, logrando compartir recursos e afrontando os posibles conflictos e retos que xurdan.
Sobre sustentabilidade: fálase de bioconstrución, de enerxías renovables e de consumo responsable, entre outros factores a ter en conta.
Xorde un debate sobre a ubicación destas novas vivendas, se nas aforas ou na propia cidade, chegando á conclusión de que na cidade pode haber máis posibilidades de acceso aos recursos e servizos que se ofertan, ademáis dunha cantidade notable de vivendas vacías en desuso.
Márcase a importancia de non caer en guetos que xa existen na actualidade, de conceptos como aislamento, que poden evitarse cunha liña de coherencia e sintonización co entorno e o barrio.
Unha vez finalizadas estas conclusións, abriuse un espazo para preguntas onde xurdiron preocupacións naturais nun proceso deste tipo, como a cuestión do financiamento do proxecto, así como a autoxestión, estructuración e organización. Estes temas se tratarán en futuras reunións para profundizar e concretar neles.
Ao final do encontro, as persoas participantes deixaron os seus datos de contacto para facilitar así un fluxo de información adaptándose a cada caso individual segundo a súa conveniencia de comunicación (correo electrónico, vía telefónica, etc.).