A próxima xuntanza de Outra Forma de Vivenda terá lugar o mércores 11 de novembro ás 19:30 horas no centro cultural Ágora.
A idea é, por un lado, informar da iniciativa a persoas interesadas en ser futuras residentes ou en colaborar, e por outro, empezar a traballar nesta nova fase que conformará toda esta xente interesada en este proxecto piloto en forma de cooperativa de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias.
¿A quen van dirixidas estas vivendas?
Este proxecto está dirixido a calquera persoa, familia ou grupo de persoas interesadas en cualquera dos criterios que o conforman:
accesibilidade, sustentabilidade e vida comunitaria.
Non vai orientado a poboacións ou perfiles específicos, senón á poboación en xeral, xa que os individuos somos seres cambiantes e diferentes, e como tal, temos dereito a unha vivenda feita para cada un/ha.
Esperámosvos o mércores 11 de novembro no Ágora.