Queremos convidarvos á próxima xuntanza participativa de Outra Forma de Vivenda, que terá lugar o luns 14 de decembro ás 19 horas na aula 9 do centro cultural Ágora.
Dividiremos a xornada en dúas partes:
18:30-19:00 h Información para novas persoas interesadas en Outra Forma de Vivenda.
Se estás interesado/a en ser futuro/a habitante destas vivendas accesibles, sustentables e comunitarias en forma de cooperativa, e nunca acudiches a unha previamente, podes vir a esta hora para recibir información e así logo participar da xornada posterior.
19:00-21:00 h Encontro aberto:
1.Presentación.
-Conclusións da anterior xuntanza.
2.Explicación do cronograma de fases.
3.Participación e grupos de traballo.
4.Palestra
Participación de un membro de Entrepatios, unha cooperativa de vivendas de Madrid. Contarán a súa experiencia, motivacións, plantexamento, estado, etc.
5.Debate, dúbidas, suxerencias,…
6.Conclusións e peche.