“Moitas grazas a todas as persoas que participaron o mércores e fixeron notar que existe unha necesidade e un desexo común de poder contar con outra forma de vivenda”.
A reunión aberta a persoas interesadas en participar neste proxecto piloto de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias, celebrouse o 7 de outubro na sala 9 do centro cultural Ágora, e asistiron arredor de 70 persoas.
Tras unha primeira introducción onde se deu a coñecer de onde xordía a iniciativa, basada en experiencias persoais que levaron á busca de novas formas de colaboración e modelos de vivenda para persoas con necesidades físicas concretas: “son as experiencias cercanas as que dan lugar a ideas e a gañas de cambio. A idea seguiu rodando e tomando forma desde hai uns anos e agora se presenta en busca de esas personas interesadas en vivir.
Partindo do dereito a vivenda digna, se plantexa un proxecto de cooperativa de vivenda baseado en 3 grandes pilares que son a estructura deste proxecto:
- Deseño Universal: deseño para todas e todos. Igual que cada persoa é única, así debe selo a súa vivenda. Os seres humáns somos diferentes uns de outros, e ademáis, dentro de cada un, se producen cambios (elexidos ou repentinos), xa sexa pola etapa vital, polas túas circunstancias e posibilidades, ou pola túa familia.
- Vida Comunitaria: alimentar esas redes para adentro, na propia “comunidade” de vivendas, e para afora, co barrio e a propia sociedade. Á elección dos sus propios habitantes: unha lavandería común; ou unha sala de ocio; ou unha horta… todo isto favorece os vínculos sociais, retroalimenta o sistema, e ata produce un beneficio a nivel medioambiental, ó supoñer un consumo máis responsable de recursos.
- Sustentabilidade: criterios sustentables presentes desde antes incluso de iniciar o proxecto, durante o seu desenvolvimento (elementos de construción ou rehabilitación), e durante a vida das vivendas e dos seus habitantes.
A primeira opción que plantexan as impulsoras da iniciativa é a “cooperativa de cesión de uso”, aínda que como todo neste proceso, recalcan, deberá irse definindo polas persoas que queran residir nestas vivendas e facer fronte de forma colaborativa a este proceso.
Tras unha primeira hora na que se expuseron os diferentes criterios e principios que marcan as liñas básicas deste proxecto, deuse paso a un espazo aberto de participación onde saíron intervencións moi interesantes en forma de preguntas, suxerencias, e apoios.
“A xuntanza representou tamén un gran reforzo positivo, sentiuse o interese, o ánimo, e as ganas de colaborar neste proxecto. E quizáis o máis importante, saiu xente que quere apostar por esta outra forma de vivenda e convertirse así en futuros/as habitantes destas vivendas accesibles, sustentables e comunitarias”.
A partir de agora comeza unha nova fase marcada por estas persoas que formarán parte da iniciativa en tódalas súas formas.
Cuestións importantes para non perder de vista:
- Este proxecto está dirixido a calquera persoa, familia ou grupo de persoas interesadas en calquera dos criterios que o conforman: accesibilidade, sustentabilidade e vida comunitaria. Non vai orientado a poboacións ou perfiles específicos, senón á poboación en xeral.
- A próxima reunión informativa e de traballo será o mércores 11 de novembro no centro cultural Ágora ás 19:30 horas.
“Haberá tempo para profundizar en moitos temas, e a construir un proceso co que consigamos chegar ao noso obxectivo de forma coherente. Grazas a todos/as”.