Seguimos en movemento, con reunións e avanzando pouco a pouco para darlle vida e forma a esta iniciativa. Así foron estas semanas:
– Outra Forma de Vivenda se formaliza como asociación sen ánimo de lucro para así facilitar unha canle de comunicación con institucións e administracións, e como ponte para evolucionar hacia cooperativa.
– Establecemos unha comunicación moi interesante coa cooperativa La Borda, e coñecemos con máis profundidade o proceso que seguiron ata chegar ao punto no que se encontran agora, que é contar cun solar cedido polo concello de Barcelona e estar a uns meses de empezar a construir as súas vivendas de cesión de uso. Como en outras ocasións, isto é algo moi positivo para coñecer mellor tambén as nosas propias necesidades, complicacións e posibles vías polas que seguir a avanzar.
Aproveitamos esta charla e o “fin de curso” que trae o verán, para actualizar o cronograma e reubicarnos.
A través de dinámicas, avanzamos para marcar os próximos pasos a dar. Como grupo, coincidimos en prioridades individuais que quedan englobadas en cuestións como o deseño das vivendas, a localización, os habitantes, a área jurídica e o financiamento.
Nesta liña, e coa intención de poder seguir adiante, se plantexa entón retomar os grupos de traballo:
- Grupo “xurídico”: despóis da charla con La Borda e para poder avanzar internamente e tamén de cara ás próximas reunións co Concello de A Coruña, vemos necesario profundizar a nivel xurídico así como estudiar a lexislación que nos compete para o noso proxecto.
- Grupo “otras iniciativas”: o obxectivo deste grupo é seguir coñecendo con maior profundidade experiencias similares que nos sirvan para abrir camiño (convenios e acordos con institucións, cotas e gastos, etc).
- Grupo “contactos con outras administraciones, entidades e institucións”: para así continuar nas relacións con outro tipo de administracións e institucións como posibles colaboradores ou facilitadores da iniciativa.
- Grupo “números-financiamento” (como parece moi ligado ao grupo doutras experiencias polo de agora se unifica).
- Preparación dunhas xornadas en setembro-outubro: que supoñan unha aprendizaxe mutua, e nos axuden a facilitar vías de colaboración.
– Próxima reunión de traballo: luns 18 de jullo ás 18:30 horas no centro cívico Os Mallos, onde falaremos principalmente das xornadas de setembro-outubro e avanzaremos nos grupos de traballo.
Para novas persoas interesadas, estaremos sobre as 18 horas alí para informar.