A próxima asemblea de Outra Forma de Vivenda, terá lugar o próximo luns 18 de abril ás 18:30 horas no centro cívico Os Mallos. Como en outras ocasións, estaremos ás 18 horas por alí para aquelas persoas que veñan por primeira vez e queran informarse.
Orde do día:
– Presentacións (se é o caso).
– Constitución como asociación:
Como acordamos na última reunión, e para poder dar máis pasos nas posibles relacións que teñamos co Concello e outras institucións, é positivo adoptar unha forma xurídica. De momento, nos constituiremos como asociación sen ánimo de lucro (xa que é unha fórmula sinxela e fácil de manexar), pero coa idea de transformarnos máis adiante en cooperativa.
Para iso, as persoas encargadas deste tema fixeron unha proposta de estatutos, da que faremos unha lectura o luns, veremos os cargos simbólicos, os fins e os obxectivos da asociación. Así, o seguinte paso será formalizalo.
– Ficha de traballo sobre desexos e necesidades de vivenda (enquisa).
Na reunión do luns tamén traballaremos sobre ela. Esta ficha é para as persoas que están interesadas en ser habitantes, que será positivo tamén para coñecer algo máis sobre o número e a realidade da xente realmente interesada (sempre tendo en conta que aínda non coñecemos aspectos como datos económicos e ubicación).
– Petisco: podedes traer algo de picar e de beber para pasar un rato máis informal despóis da reunión. Levaremos nós pratos, cubertos e vasos e pedimos que entre todas as persoas intentemos non levar utensilios de plástico de usar e botar, para así non xerar máis residuos da conta que dañen máis a nosa natureza. Moitas grazas!
– Próximas datas de xuntanzas: 9 e 23 de maio ás 18:30 h no centro cívico Os Mallos.