Así foi a última xuntanza do pasado luns 18 de abril no C.C. Os Mallos:
1. Comezamos cunha rolda de presentacións, aproveitando que acuden novas persoas interesadas no proxecto ou en ser posibles unidades habitacionais.
2. Enquisa a habitantes:
Como unha primeira aproximación aos intereses e necesidades de cada unidad de convivencia de cara a formar a futura cooperativa, faise unha enquisa e ponse en común as opinións de cada unidad sobre, entre outros:
– Ubicación das vivendas (núcleo urbano/rural)
– Dimensións das mesmas (número habitacións)
– Esixencias concretas das vivendas
– Espazos comúns e as súas utilidades
– Aportación económica mensual
Xorde debate sobre algún dos aspectos tratados, como a ubicación das vivendas ou a aportación mensual, pero sen chegar a tomar ningunha decisión en ningún sentido (o obxectivo era de aproximación, pero non concluinte); a pesares disto, si parece haber un acordo grupal sobre a necesidade dunha ubicación urbana das vivendas.
3- Por último, pasamos a facer a lectura de estatutos
Co obxectivo de abrir canles máis formais de comunicación co Concello de A Coruña e outras institucións e demáis entidades, un dos puntos da orde do día foi aprobar os estatutos e constituirnos como asociación Outra Forma de Vivenda (OFV).
Despóis da lectura da proposta de estatutos, e tras concretar algunhas cuestións máis específicas, apróbase o borrador elaborado e decidimos que persoas pasarán a selos órganos de representación da asociación: presidenta, secretaria, vicepresidenta, tesoreiro e 4 vocales, ademáis da ubicación da sede social tendo en conta que non contamos con local.
Queda pendente para a próxima reunión xuntar tódolos documentos, firmas e DNIs para proceder a formalizalo.
Ademáis, para poder facer fronte a certos gastos como a propia formalización da asociación, entre as persoas presentes e de maneira voluntaria, recáudanse 50,50 euros, ata que en próximas reunións abordemos establecer unha cuota de socio/a que nos permita sufraga-los gastos que vaian xurdindo. coa idea de próximamente convertir en cuotas de soci@s accesibles para a maioría da xente, e necesarias para seguir avanzando neste proceso.
Como xa sabedes, Outra Forma de Vivenda é unha iniciativa sen ánimo de lucro que funciona a través da participación cidadá, de persoas que adican parte do seu tempo e das súas ideas de xeito desinteresado para poder desenvolver este proxecto.
Próximas convocatorias: 9 e 23 de maio.